8BitDo lanza un teclado inspirado na NES
luns, 31 de xullo do 2023
O
fabricante especializado en accesorios retro, 8BitDo, vén
de abrir as reservas dun novo teclado mecánico cunha estética inspirada nas
consolas clásicas de Nintendo, que pode conectarse a equipos informáticos e
dispositivos móbiles por cable, Bluetooth ou un receptor sen fÃos. Para
completar este curioso teclado tamén se inclúen 2 botóns de grande tamaño, que
poden programarse.
Este teclado integra unha baterÃa recargable de 2.000 mAh que permite unhas 200
horas de uso con 4 horas de carga; as teclas poden extraerse de xeito doado;
inclúe software para facilitar o seu mapeado de teclas; estará dispoñible con
dous deseños distintos (coas cores da NES estadounidense e da xaponesa) a un
prezo de 99,99 dólares.