A ESEI achega conceptos básicos de ciberseguridade a persoas maiores
venres, 27 de setembro do 2024
A Escola Superior de EnxeñerÃa Informática e o Programa de Maiores do Campus de Ourense organizaron conxuntamente este mércores 25 de setembro pola tarde a conferencia EnxeñerÃa social e ciberseguridade para adultos. O acto estivo especialmente orientado a achegar contidos básicos neste eido ao colectivo de persoas maiores de 55 anos pero tamén ao publico en xeral interesado.
A sesión correu a cargo Roberto Valente, titulado en EnxeñerÃa Informática nesta escola e especialista en ciberseguridade do Ministerio do Interior. Cun carácter ameno e divulgativo, o experto introduciu ao público asistente en aspectos referidos á súa protección e dos seus datos no mundo dixital e a través dos dispositivos electrónicos.
A conferencia xurdiu como unha ponte entre as necesidades formativas e intereses do alumnado do Programa de Maiores do Campus de Ourense e as liñas de traballo da Escola Superior de EnxeñerÃa Informática. O feito de dirixir esta actividade concretamente a persoas de máis idade fÃxose tendo en conta a organización que este colectivo soe ter máis dificultades á hora de afrontar, con garantÃas, a súa relación co mundo dixital, que na actualidade abrangue todo tipo de aspectos da vida cotiá, desde as relacións persoais ata as económicas.