A RØDECaster Video Core fai máis accesible a realización audiovisual
luns, 9 de marzo do 2026
RØDE volve mover ficha no terreo da creación de contido coa RØDECaster Video Core, unha consola de produción audiovisual compacta que integra nun único equipo conmutación de vÃdeo Full HD, mestura de audio profesional, gravación multipista e ferramentas de streaming. O trebello comparte a mesma potencia de procesado que a RØDECaster Video, pero preséntase nun formato máis contido e pensado para ser controlado por software ou como peza central dun sistema modular baseado en RØDECaster Sync.
A RØDECaster Video Core permite xestionar ata catro fontes de vÃdeo de maneira simultánea, combinando tres entradas HDMI 1080p con conversión automática de velocidade de fotogramas e unha entrada UVC (válida para capturadoras e webcams) a través dun porto USB‑C multifunción. A saÃda HDMI é configurable para a saÃda de programa, a vista previa ou a vista múltiple, o que facilita tanto a realización en directo como o control desde un monitor externo.
A consola admite diferentes taxas de fotogramas en 1080p e 1080i, traballa cun motor de vÃdeo en 4:4:4 RGB a 8 bits e integra ferramentas de realización como transicións tipo fundido ou barrido, dous reprodutores de medios, superposición gráfica por chroma ou luma e ata cinco escenas totalmente personalizables. Todo isto apoiado nun procesador octa‑core deseñado para manter en paralelo a conmutación de vÃdeo, o procesado de audio e a codificación para gravación ou streaming.
A RØDECaster Video Core incorpora dous conectores combo Neutrik con preamplificadores Revolution Preamps de ultra baixo ruÃdo e ata 76 dB de ganancia, capaces de alimentar micrófonos de estudio, instrumentos ou fontes de liña. A isto súmase un motor de procesado con efectos Aphex por canle, incluÃndo compresor, EQ, eliminador de asubÃos, porta de ruÃdo, filtro de paso alto e os clásicos Aural Exciter, Big Bottom e Compellor.
A mesa pode xestionar ata 16 fontes de audio (nove canles estéreo simultáneas) entre entradas analóxicas, HDMI, clips de vÃdeo, sons, tres interfaces USB de audio e ata catro fontes de rede. O enrutamento é totalmente personalizable con once buses de saÃda independentes, o que permite enviar mesturas diferentes a gravación, streaming, auriculares, HDMI ou dispositivos conectados por USB.
Un dos puntos clave do RØDECaster Video Core é a súa vocación de nodo central nun ecosistema máis amplo. A través de RØDECaster Sync pode integrarse cunha RØDECaster Pro II ou unha Duo, combinando entradas e saÃdas e ofrecendo control fÃsico sobre a parte de audio mentres a consola xestiona o vÃdeo. Tamén admite conexión de micrófonos USB da propia marca e outros dispositivos UVC a través dos seus portos USB‑C.
O equipo soporta cámaras IP con NDI (ata catro entradas e unha saÃda), incluÃndo operación PTZ, e ofrece streaming directo vÃa Ethernet mediante RTMP a plataformas como YouTube, Twitch, Facebook, X ou servidores personalizados. A gravación pode facerse directamente nun SSD externo por USB, tanto do programa final en H.264 con audio AAC como de ata catro sinais ISO de vÃdeo e nove pistas de audio estéreo en WAV para edición posterior.
O control principal da RØDECaster Video Core recae na RØDECaster App para macOS e Windows, que funciona como superficie virtual de realización e mestura. Desde aà pódense construÃr escenas complexas combinando fontes de vÃdeo, gráficos, sobreimpresións e ficheiros multimedia, configurar perfÃs de streaming, axustar o enrutamento de audio e activar a función de auto‑switching, que cambia automaticamente de cámara en función de quen está a falar, algo especialmente atractivo para videopodcasts e mesas redondas.
A consola complétase cun sistema de multiview accesible desde a aplicación, que mostra en tempo real entradas, escenas, estado de gravación, rede e almacenamento, asà como un panel de mestura sonora con todos os niveis e procesado. A compatibilidade con iOS mediante a app RØDE Capture permite, ademais, empregar un iPhone como cámara dual para configuracións máis lixeiras.
Coa RØDECaster Video Core, RØDE consolida unha estratexia clara: ofrecer solucións integradas que reduzan a dependencia de software disperso e hardware de múltiples marcas, pero sen renunciar a funcións que ata hai pouco estaban reservadas a equipos de broadcast. Para estudios compactos, podcasters de vÃdeo e streamers que queiran dar un salto de calidade mantendo un formato modular e escalable, esta consola preséntase como unha peza central moi difÃcil de ignorar. A súa chegada ao mercado está prevista para o 20 de abril a un prezo recomendado de 619,99 euros (bastante por debaixo dos 1.279,99 euros da RØDECaster Video orixinal e dos 829,99 euros da RØDECaster Video S, que serÃa basicamente a Video Core con controis fÃsicos).
VÃdeo de presentación da RØDECaster Video Core
