Adriana Dapena (CITIC) imparte unha charla sobre interfaces persoa-máquina no Colexio Pelteiro de Santiago
venres, 17 de xaneiro do 2025
Adriana Dapena, investigadora do CITIC da Universidade da Coruña, impartiu o pasado 15 de xaneiro unha charla sobre interfaces persoa-máquina para os e as estudantes de primeiro de bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela. Durante a sesión, titulada Interfaces persoa-máquina baseadas en sinais de encefalografÃa e dirixida ao alumnado da materia de tecnoloxÃa, Adriana Dapena presentou unha visión de como as tecnoloxÃas baseadas en sinais cerebrais están a transformar a interacción entre as persoas e as máquinas.
A charla abrangueu desde os fundamentos cientÃficos e técnicos destas interfaces, ata a súa evolución histórica e as súas aplicacións prácticas no campo da accesibilidade. Logo da introdución, a investigadora propuxo un obradoiro a través do cal o alumnado tivo a oportunidade de involucrarse no desenvolvemento dun sistema de control de obxectos mediante a detección de estados oculares.
Esta actividade permitiu aos estudantes familiarizarse cunha das liñas de investigación do Grupo en TecnoloxÃa Electrónica e das Comunicacións (GTEC) do CITIC, do que forma parte a investigadora, e buscou espertar o seu interese polo mundo da ciencia e a tecnoloxÃa.