Último engadido : 1 de outubro do 2007.

A intelixencia artificial xa non é unha promesa futurista nin algo reservado a grandes multinacionais tecnolóxicas. Desde Vigo, unha empresa local leva anos demostrando que a innovación tamén se constrúe desde o territorio, con coñecemento propio e solucións reais para as empresas. Ese é o caso de Ayco Internet, compañía galega especializada en desenvolvemento tecnolóxico e solucións dixitais avanzadas, que recentemente puxo en marcha un ambicioso proxecto de intelixencia artificial aplicado ao comercio electrónico grazas a unha axuda pública á innovación.

OpenAI vén de anunciar o lanzamento global de ChatGPT Go, un novo plan de subscrición pensado para quen precisa un acceso máis amplo ao asistente sen chegar ás capacidades avanzadas dos plans superiores. A chegada deste nivel intermedio compleméntase coa reorganización da oferta comercial dispoñible na plataforma, que agora inclúe opcións gratuítas, persoais e profesionais, así como plans orientados a empresas.

Hoxe activáronse 13 das principais liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) previstas para 2026, que suman máis de 180 millóns de euros e configuran, en palabras da Consellería de Economía, “un dos maiores paquetes de apoio empresarial anticipados postos en marcha pola Administración autonómica”.

A compañía tecnolóxica Mentra anunciou o lanzamento de Mentra Live, o seu primeiro modelo de lentes intelixentes, que destaca por contar cunha tenda de aplicacións de seu, importante paso para conseguir captar a atención sobre o produto.

TikTok, plataforma propiedade de ByteDance, comezará a implementar nas vindeiras semanas un novo sistema de detección de idade deseñado especificamente para cumprir cos requisitos regulatorios europeos. A medida chega nun momento no que as autoridades do continente intensifican o escrutinio sobre como as redes sociais verifican a idade dos seus usuarios.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no colexio Álvarez Limeses, en Pontevedra, na apertura da oitava edición do programa 21 días co Galego e +, impulsado pola Xunta en colaboración con “toda a comunidade, entre alumnado, mestrado e persoal dos centros, que participan voluntariamente”. O obxectivo do proxecto, cuxo blog funciona como principal foco de información e de actividade, é mergullar aos escolares no uso do galego baixo o reto-desafío de facelo durante 21 días.

No marco do Ano Oteriano, que celebra o 50 cabodano do sobranceiro escritor ourensán, o Consello da Cultura Galega (CCG) abriu no seu sitio web un espazo que concentra todos os recursos elaborados pola institución ao fío do patriarca das letras galegas.

A AMTEGA publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia tres convocatorias para acceder á Certificación galega en competencias dixitais (ComDix), que se desenvolverán ao longo do primeiro semestre de 2026.
Dúas das convocatorias corresponden ao nivel de iniciación. A primeira abrirá o prazo de inscricións o vindeiro luns 19, mentres que a segunda iniciará o proceso en maio. No caso do nivel intermedio, está prevista unha convocatoria con apertura de inscricións durante o mes de marzo.

O Concello de San Cibrao das Viñas vén de poñer en marcha unha nova canle oficial de difusión en WhatsApp co obxectivo de mellorar a comunicación directa coa veciñanza e reforzar a capacidade de resposta ante situacións de urxencia. A iniciativa, presentada onte pola alcaldesa Marta Nóvoa, permite recibir avisos e información municipal en tempo real, con garantías de privacidade e sen saturación de mensaxes.

A Asociación de Empresarios de Vilalba organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia e a través do IGAPE, un Obradoiro de Transformación Dixital. Trátase dunha actividade formativa e dinamizadora dirixida a empresas, cooperativa e profesionais do sector agroalimentario e forestal (produción, transformación, distribución, venda, servizos, loxística, etc), aberto a outros sectores interesados (automoción, formación,etc).

A multinacional xaponesa Fujifilm anunciou o lanzamento da nova SX400, unha cámara de longo alcance con lente integrada que se incorpora á súa gama profesional SX e que chegará ao mercado a comezos de febreiro de 2026. O novo modelo destaca por integrar o obxectivo máis luminoso desenvolvido ata o momento nesta serie, cunha apertura F2.8, pensado para obter imaxes nítidas mesmo en condicións de pouca luz ou durante a noite.

O Clúster TIC Galicia organiza o vindeiro xoves 22 de xaneiro, en horario de 10.00 a 13.30 horas, no CSA da Cidade das TIC (A Coruña) o evento Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA no que se darán a coñecer os resultados finais de diferentes procesos e produtos baseados en intelixencia artificial de socios da entidade.

Galicia Business School achega este mes un novo seminario en liña de transformación tecnolóxica: o obradoiro Automatiza con IA para que os teus PDFs se organicen sós, destinado a facilitarnos o traballo de manexo deste tipo de documentos e liberarnos da carga de picar datos e de “perder tempo abrindo arquivos con nomes como scan_2024.pdf ou factura_final.pdf só para comprobar o que conteñen, renomealos e movelos ao cartafol correcto”.

A Consellería de Cultura e Lingua anunciou que vai destinar 200.000 euros para actualizar e difundir os fondos dos museos, así como para facilitar as tarefas de conservación, investigación e difusión. O DOG publica esta convocatoria que está dirixida a entidades locais e privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran cos requisitos establecidos na orde.

A destacada traxectoria científica da investigadora galega Marisol Soengas protagonizou no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero de Lalín un dos faladoiros do programa provincial de podcast Aquí faltan páxinas, a iniciativa de faladoiros subidos á Rede coa que o organismo está a rescatar as historias de mulleres da provincia que non adoitan ser contadas.
No acto, no que participou a deputada de Igualdade, Paula Bouzós, e a tenenta de alcalde, María Paz Pérez, tomou a palabra a propia Marisol Soengas para dar a coñecer aspectos da súa vida e percorrido profesional.

Ricoh amplía a súa histórica liña GR cunha cámara dedicada en exclusiva á fotografía en branco e negro, a Ricoh GR IV Monochrome, un modelo compacto premium que incorpora un sensor específico para monocromo e que busca ofrecer a máxima fidelidade tonal e unha estética clásica reinterpretada para 2026.

A Xunta de Galicia fixo balance da actividade xerada ao abeiro do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade. Segundo informou, desenvolvéronse 24 proxectos para a observación e vixilancia da biodiversidade baseados en tecnoloxías innovadoras embarcadas en vehículos e sistemas non tripulados, nos que participaron máis de 400 profesionais, no marco do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade.

Google presentou TranslateGemma, unha nova familia de modelos abertos de tradución automática baseada en Gemma 3 que supón un avance relevante no ámbito da tradución multilingüe eficiente. A nova suite está dispoñible en tres tamaños (4B, 12B e 27B parámetros) e foi deseñada para facilitar a comunicación entre persoas en 55 linguas, independentemente do dispositivo ou do contorno no que se execute.

OpenAI deu un novo paso na carreira da tradución automática coa posta en marcha de ChatGPT Translate, unha ferramenta independente que aspira a competir directamente co Tradutor de Google. este servizo lanzouse de xeito discreto, pero o movemento deixa claro que a tradución é un dos ámbitos estratéxicos na evolución dos asistentes baseados en intelixencia artificial.

Liderar desde Vigo a transición cara ao uso de robots humanoides na industria, xerando innovación e desenvolvemento económico, é o obxectivo do futuro Polo Tecnolóxico de Humanoides, proxecto no que está a traballar o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e co que colaborará a Zona Franca de Vigo, segundo foi acordado nun encontro mantido este xoves 15 de xaneiro na sede do Consorcio entre o delegado do Estado, David Regades, e o director xeneral de CTAG, Luís Moreno.
· IA feita na casa: Ayco impulsa a dixitalización do comercio electrónico desde Vigo
· ChatGPT Go chega a todo o mundo (e incluirá publicidade)
· A liña de axudas IA 360 amplíase ao eido industrial galego e mobiliza 10 millóns
· Novas lentes conectadas que destacan por ter tenda de aplicacións
· TikTok reforza o control de idade en Europa
· Valentín García anima á participación no inicio da oitava edición do programa 21 días co Galego e +
· O Consello da Cultura Galega abre en Internet un especial sobre Otero Pedrayo
· Novas convocatorias para acceder ao ComDix
· San Cibrao estrea canle de WhatsApp para alertas e urxencias
· O empresariado de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital
· Fujifilm lanza unha nova cámara de longo alcance
· O Clúster TIC presenta os proxectos IA desenvolvidos por empresas socias ao abeiro do IGAPE
· Galicia Business School móstranos como axilizar o noso traballo con documentos en PDF
· Cultura destina 200.000 euros a actualizar e difundir fondos de museos
· Marisol Soengas protagoniza o novo programa do ciclo podcast Aquí faltan páxinas
· A nova cámara de Ricoh aposta polo branco e negro
· Galicia desenvolveu 24 proxectos para a observación e vixilancia da biodiversidade con drons
· Google presenta unha nova familia de modelos de IA para a tradución automática
· ChatGPT estrea ás agachadas un tradutor de texto
· A Zona Franca e o CTAG alíanse para traballar polo futuro Polo Tecnolóxico de Humanoides
· Xunta e Cámara de Santiago impulsan a formación tecnolóxica no sector cultural
· Educación traballará coas firmas tecnolóxicas para avanzar nun uso seguro das TIC nas escolas
· Ookla destaca a velocidade da fibra de Digi
· Hytale ve a luz en acceso anticipado
· A Cámara de Santiago mostra nun novo seminario como garantir unha IA segura
· A Aula CeMIT de Ponteareas terá horario de uso libre e novos cursos innovadores
· O Reto Rural Dixital recala en Laxe para achegar á cidadanía ás vantaxes das novas ferramentas