As cámaras GoPro estrean xeración apostando polo 4K
luns, 29 de setembro do 2014
Para evitar perder a súa coroa no sector das cámaras
deportivas, as GoPro presentan
a súa nova xeración, as HERO4, que supoñen unha importante evolución dos
modelos anteriores, e que chegan en dous modelos diferenciados: a GoPro
HERO4 Black que dobra o rendemento da súa predecesora e venderase en breve
a un prezo de 479,99 euros; e a GoPro
HERO4 Silver, que tamén achega unha calidade profesional, pero reduce o seu
prezo até 379,99 euros. Estarán dispoñibles a partires do 5 de outubro.
As actividades deportivas gravadas en 4K
A GoPro HERO4 Black consegue gravar vÃdeo de ultra alta definición (4K) a 30 imaxes por segundo, de 2,7K a 50 imaxes por segundo e Full HD a 120 imaxes por segundo, o que permite unhas cámaras lentas de auténtico luxo cunhas resolucións que poucos dispositivos poden manexar a dÃa de hoxe. Tamén pode disparar fotografÃas de 12 MpÃxeles a refoladas de 30 imaxes por segundo. A súa carcasa tamén permite somerxerse até 40 metros, estrea novos modos para fotografÃas nocturnas ou para facer night lapses, permite marcar momentos chave durante as gravación (para facilitar logo a edición) e tamén conta con Wi-Fi e Bluetooth para poder ver remotamente os contidos a través dun tablet ou smartphone, asà como para facilitar o compartir os contidos a través da Internet, asà como para poder controlar varias cámaras GoPro cun Smart Remote até 180 metros de distancia.
VÃdeo promocional da nova GoPro HERO4 Black
A HERO4 Silver estrea pantalla táctil
A GoPro HERO4 Silver é máis modesta, limitando a súa gravación de vÃdeo a 60 imaxes por segundo en Full HD e a 120 fotogramas por segundo a 720p, e como grande novidade podemos destacar que é a primeira GoPro con pantalla táctil integrada, que pode empregarse tanto para face vista previa de fotografÃas e vÃdeos como para poder moverse polos menús de configuración da cámara.
- A HERO4 Silver é a primeira GoPro con pantalla táctil integrada
Novo módelo básico: GoPro HERO
Para mellorar a oferta de cámaras, GoPro tamén conta agora cunha nova HERO, un dispositivo básico de entrada que ten un prezo de 124,99 euros, que prescinde de conectividade sen fÃos e grava como máximo a 1.080p a 30 imaxes por segundo.