Asus anuncia un tablet de 7 polgadas con nVIDIA Tegra 3 por só 249 dólares
martes, 10 de xaneiro do 2012
No CES de Las Vegas fixo acto de presenza a xente de nVIDIA,
para dar a coñecer un novo produto que poderÃa supor un duro competidor para
dispositivos coma o Kindle Fire, o tablet Asus
Eee Pad MeMO 370T, que conta cunha pantalla IPS de 7 polgadas, procesador nVIDIA
Tegra 3, cámara de 8 MpÃxeles e sistema operativo Android 4.0 que sorprende polo
axustado prezo de 249 dólares (sen coñecerse detalles como a súa data de
lanzamento). Se atendemos a outros
modelos semellantes de Asus podemos entender que contará con 1 Gb de RAM,
16/32 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, cámara traseira 1,2
MpÃxeles e GPS.