Asus presenta novos equipos portátiles
luns, 30 de maio do 2016
Esta semana os fabricantes asiáticos amosan o seu músculo no
marco da Computex de Taipei, e un dos primeiros en amosar as súas armas para os
primeiros meses é Asustek, que levou á feira toda unha sorte de dispositivos
que van dende smartphones até robots domésticos, aÃnda que no sector da
informática persoal tamén demostrou que vai ter moito que dicir, facendo fronte
a algúns dos equipos máis emblemáticos de Apple e Microsoft.
ZenBook 3: os ultraportátiles aÃnda teñen o seu sitio
Pese a que os equipos convertibles teñen moito pulo, os
ultraportátiles na liña do MacBook Air continúan a ter unha importante demanda
para usuarios que buscan levar o escritorio informático a todas partes, gozando
á vez dun deseño atractivo nun equipo delgado, lixeiro e con boa autonomÃa, e
nesta liña está o novo ZenBook 3, que con só 11,9 milÃmetros de grosor e 910
gramos de peso encaixa á perfección dentro desta categorÃa. Estes novos equipos
teñen unha carcasa de aliaxe de aluminio de grande calidade (é un 50% máis
resistente que a meirande parte de portátiles de aluminio) e ofrecerase en 3
cores distintas). A súa autonomÃa tamén é bastante boa, podendo chegar até as 9
horas, aÃnda que tamén resulta salientable que a súa carga rápida permÃtelle
chegar ao 60% de capacidade da súa baterÃa en só 49 minutos.
No que a potencia se refire, o ZenBook 3 non vai quedar curto, e poderá
configurarse con até un procesador Intel Core i7, 16 GB de RAM, 1 TB de SSD,
USB-C e audio Harman Kardon. A súa pantalla de 12,5 polgadas está rodeada dun
marco moi fino e tamén está protexida por Corning Gorilla Glass 4. O seu
fabricante asegura que integra o ventilador máis delgado do mercado (de só 3
milÃmetros de grosor) e o seu teclado
retroiluminado ten unha disposición como a dos teclados de sobremesa, tendo un
percorrido de só 0,8 milÃmetros, co que consegue unha experiencia de uso
confortable.
Abrazando as tendencias actuais, e para tirar proveito de Windows Hello, o
equipo inclúe un lector de pegadas dixitais.
Novos Transformer buscando a versatilidade
O Asus Transformer 3 Pro quere converterse nun dos novos
ordenadores 2-en-1 de referencia, cunha construción en aluminio, un grosor de
só 8,35 milÃmetros e un deseño elegante con acabados en cor gris ou dourada.
Conta cunha pantalla táctil de 12,6 polgadas cunha resolución de 2.880 x 1.920
pÃxeles e pode configurarse con até un procesador Intel Core i7, 16 GB de RAM,
1 TB de SSD, USB-C, saÃda HDMI, cámara traseira de 13 MpÃxeles, cámara frontal
con soporte do recoñecemento facial de Windows Hello e os accesorios que o
permiten ser un rival dos Surface Pro de Microsoft: unha funda con teclado retroiluminado
e trackpad, e un lapis dixitalizador con 1.024 niveis de presión. Tamén destaca
a súa peaña traseira, que permite abater a tableta en practicamente calquera ángulo.
Pero este non é o único 2-en-1 de Asus, senón que tamén
presenta un Asus Transformer 3, que só ten 6,9 milÃmetros de grosor e 695
gramos de peso, podendo tamén completarse cunha funda-teclado. Este equipo tan
portátil tamén conta cunha pantalla de 12,6 polgadas cunha resolución de 2.880
x 1.920 pÃxeles, pero cunha configuración máis modesta, de xeito que terá
procesadores menos potentes, até 8 GB de RAM e até 512 GB de SSD.
Para os que buscan unha portabilidade extraordinaria teremso
tamén o Asus Transformer Mini, o equipo 2-en-1 máis lixeiro do mundo, cun
deseño de aliaxe de magnesio e aluminio, un peso de 790 gramos co teclado
conectado (530 gramos sen o teclado) e un grosor de 8,2 milÃmetros, que reduce
a súa pantalla até as 10,1 polgadas para ter asà un formato máis compacto. Está
equipado con porto USB, Wi-Fi AC e unha baterÃa que achégalle unha autonomÃa de
até 11 horas. Tamén conta con lector de pegadas dixitais e estará dispoñible en
varias combinacións de cor (coa tableta en gris ou branco).