COGAMI participa co CITIC nos seus proxectos de tecnoloxÃa inclusiva
xoves, 12 de decembro do 2024
O CITIC da Universidade da Coruña (UDC) vén de organizar un encontro europeo coa finalidade de demorar a institucionalización das persoas con discapacidade e promover que permanezan o máximo tempo posÃbel na súa casa. Dende COGAMI quixeron participar neste evento e para iso asistiron tres persoas usuarias e unha técnica do proxecto RUMBO.
Co lema TecnoloxÃa ao servizo da inclusión, durante tres dÃas reunÃronse equipos de traballo para desenvolver solucións innovadoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Entre os retos abordados salientaron a creación de dispositivos e ferramentas adaptadas como: adaptacións para persoas usuarias de cadeiras de rodas, un abrelatas multifuncional para o manexo cun só brazo, e solucións tecnolóxicas que melloren a accesibilidade.
O evento, organizado polo CITIC da UDC co apoio da Confederación Española de Persoas con Discapacidade FÃsica e Orgánica (COCEMFE), contou coa participación de entidades locais como foi COGAMI e ASPACE Coruña e tamén europeas chegadas de Lituania, Bélxica e Eslovaquia. Organizadas en equipos, todas as persoas participantes abordaron desafÃos prácticos relacionados coas necesidades cotiás das persoas con discapacidade.