Caterpillar achega a Europa un smartphone reforzado
luns, 15 de abril do 2013
Os usuarios que precisen dun smartphone moi resistente sen prescindir das funcionalidades dos
terminais modernos poden adquirir agora dende o Reino Unido un novo móbil que
chega cunha marca reputada como Caterpillar, o que é toda unha garantÃa para o
público industrial. O
CAT B15 chega a un prezo de 299 libras esterlinas (uns 368 euros, con
portes incluÃdos) ofrecendo un smartphone con Android 4.1 que funciona cun
procesador MediaTek MT6577 de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb,
pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles con protección
Gorilla Glass e capaz de funcionar con dedos húmidos e cámaras de 5 e 0,3
MpÃxeles, que presume de poder operar a temperaturas de entre 20 graos baixo
cero e 55 graos centÃgrados, ser capaz de soportar unha caÃda sobre cemento a
unha altura de 1,8 metros e ter resistencia IP67 (polo que poderÃa somerxerse
ata 30 minutos a 1 metro de profundidade, sendo tamén resistente ao po). As
súas medidas son de 125 x 69,5 x 14,95 milÃmetros e pesa 170 gramos.
- O CAT B15 chega como un smartphone ideal para contornos industriais