DJI renova os seus micrófonos de tamaño compacto apostando polas cores
mércores, 22 de abril do 2026
DJI estreou no mercado chinés os DJI Mic Mini 2, a segunda xeración do seu sistema de micrófonos miniaturizados pensado para creadores que priorizan lixeireza, autonomÃa e integración directa co ecosistema da marca. A actualización chega con cambios visibles no deseño, novas opcións estéticas e unha baterÃa de melloras técnicas orientadas a simplificar a gravación móbil e elevar a calidade do audio.
O novo transmisor dos DJI Mic Mini 2 pesa arredor de 11 gramos e incorpora cubertas magnéticas intercambiables, incluÃdas de serie en cor branca e negra, ás que se suman oito variantes multicolor dispoñibles por separado. A pinza magnética xiratoria permite orientar o micrófono en diferentes posicións, facilitando o uso tanto en roupa formal como en actividades deportivas ou gravacións en movemento.
Os DJI Mic Mini 2 introducen tres perfÃs de ton e dous niveis de cancelación de ruÃdo, pensados para adaptarse a interiores silenciosos ou contornas ruidosas. O sistema grava en 48 kHz e 24 bits, con transmisión omnidireccional e control automático de ganancia para evitar saturacións. A compatibilidade co ecosistema DJI OsmoAudio permite conectar os transmisores directamente a dispositivos como Osmo Pocket 4, Osmo 360, Osmo Nano ou Osmo Action 6 sen receptor adicional, reducindo o equipo necesario para gravar en mobilidade.
A autonomÃa é outro dos puntos fortes: cada transmisor acada ata 11,5 horas de uso e o receptor chega ás 10,5 horas, mentres que o estoxo de carga eleva o conxunto ata un máximo de 48 horas de funcionamento. A transmisión sen fÃos alcanza os 400 metros cando se emprega o receptor estándar incluÃdo nos kits principais, ou 300 metros no caso do receptor móbil USB‑C.
Os DJI Mic Mini 2 véndense en múltiples configuracións: desde paquetes con un único transmisor ata kits con dous transmisores, receptor estándar ou receptor móbil e estoxo de carga. No mercado chinés, os prezos parten dos 389 dólares hongkoneses (uns 42 euros) para a versión básica e chegan aos 649 dólares hongkoneses (uns 71 euros) no paquete máis completo con dous transmisores e estoxo.
ACTUALIZACIÓN (28-04-2026): Finalmente os novos micrófonos de DJI están dispoñibles oficialmente dende España a un prezo de 33 euros o transmisor, 59 euros o lote de transmisor e receptor, 99 euros o lote de dous emisores, un receptor e un estoxo de carga e 19 euros cada cuberta frontal magnética multicor.
VÃdeo de presentación dos DJI Mic Mini 2
