Demy, o lector de receitas electrónicas
luns, 30 de marzo do 2009
Nun momento no
que moitos fabricantes tenden ao lanzamento de lectores de libros electrónicos
non deberÃa sorprender a especialización de dispositivos de lectura coma o Demy, que centrarÃa o seu uso na
receitas de cociña. Este trebello fuxirÃa da tinta electrónica e serÃa algo
semellante a un marco dixital no que a deseño se refire, cunha pantalla táctil de
7 polgadas, conectividade USB e memoria
interna como para almacenar ata 2.500 receitas. Amais, destaca por ser
resistente a salpicaduras, o que farÃa que a súa integridade non perigase na
cociña de calquera fogar.
Por desgraza, este produto está orientado só para o público de fala inglesa,
que pode aproveitar as prestacións da web
KeyIngredient.com para alimentar de información o Demy. Na mencionada web é
posible atopar milleiros de receitas, que podemos organizar segundo os nosos
gustos, e logo o Demy interpreta a información de xeito que pode presentar as
cantidades de ingredientes segundo o que desexemos preparar, aforrándonos o
traballo de calculadora, e facilitando asà a preparación dos nosos pratos.