HP presenta unha nova liña de equipos para gamers
xoves, 26 de maio do 2016
AÃnda que HP é unha compañÃa que ten unha imaxe moi ligada
ao mundo da empresa, non deixa de lado aos afeccionados aos xogos para PC, e presenta
un interesante catálogo de produtos baixo a marca OMEN orientados á cubrir as
demandas dos gamers, usuarios que
esixen equipos de grande potencia gráfica e deseño agresivo. A nova colección
está formada por portátiles con pantalla de 15,6 e 17,3 polgadas, un ordenador
de escritorio e un monitor de 32 polgadas.
Portátiles OMEN
Os novos
portátiles OMEN son equipos de grande potencial, equipados con gráficas
nVIDIA GTX até a 965M e con até procesadores Intel Core i7, que poden
configurarse con até 16 GB de RAM, 512 GB de SSD (ou 2 TB de disco duro, con
opción de dobre unidade que permitirÃa chegar a 4 TB de disco duro apoiado por
unha SSD de 128 GB), baterÃa con carga rápida que nalgún modelo poderÃa chegar
ás 10 horas de autonomÃa e un deseño que facilita a súa refrixeración dun modo
relativamente silencioso.
Como dixemos, estarán dispoñibles con pantallas de 15,6 e 17,3 polgadas, pero
entres estas opcións tamén está a posibilidade de optar por unha pantalla IPS
4K. Contan con teclado retroiluminado, altofalantes Bang & Olufsen, 1 porto
USB 2.0, 2 portos USB 3.0, saÃda HDMI e conexións RJ-45. Como curiosidade,
tamén permiten optar entre unha webcam de alta definición ou unha cámara Intel
RealSens (que permite experiencias 3D e habilita o control xestual de
aplicacións).
Estes equipos chegarán ao mercado a mediados de xuño a un prezo que
parte dos 999 euros para o modelo con pantalla de 15,6 polgadas, e de
1.099 euros para o modelo de 17,3 polgadas.
Ordenador de sobremesa OMEN
No
escritorio a proposta de HP é máis ambiciosa, xa que os seus equipos de
deseño vertical bastante compacto poden equiparse con até procesadores Intel
Core i7 e gráficas nVIDIA GeForce GTX 1080 (permitindo a conexión de até 4
monitores 4K), buscando asà ser potentes dabondo para correr de xeito fluÃdo
contornos de realidade virtual.
Estes atractivos ordenadores poden configurase con até 32 GB de RAM, até 512 GB
de SSD e até 3 TB de disco duro. Tamén contan con opción de refrixeración
lÃquida, o seu hardware está accesible sen usar ferramentas (facilitando a súa
personalización), á vez que tamén ofrece posibilidades para o overclocking. Chegará ao mercado o 1 de xullo a un prezo que parte dos 1.099 euros.
Monitor de 32 polgadas
Para completar a súa oferta, e pensando especialmente
nos seus equipos de sobremesa, a liña OMEN ten tamén un monitor de 32 polgadas
que promete a mellor experiencia posible para os xogos grazas á súa resolución
Quad HD, cun amplo ángulo de visión, un espazo de cor moi completo (aborda o
100% do sRGB) e con soporte da tecnoloxÃa AMD FreeSync para permitir unha
excelente experiencia en xogos que soporten esta tecnoloxÃa. Espérase que
chegue ao mercado no mes de agosto.