HP renova os seus portátiles Pavilion
xoves, 5 de maio do 2016
HP
está a renovar a súa gama de portátiles e convertibles Pavilion, que chegan
con vivas cores, grande potencia e un prezo contido, que fai que sexan produtos
moi atractivos para estudantes, novos e familias. Estes novos equipos
repártense en dúas series, os Pavilion e os Pavilion x360, que en ambos casos
chegan cunha gama de cores máis ampla, son B&O PLAY, procesadores actuais e
opcións de pantalla IPS Full HD.
HP Pavilion x360
Os equipos máis destacables serÃan os HP Pavilion x360, equipos convertibles
que até o momento estaban dispoñibles con pantallas de 11,6 e 13,3 polgadas,
pesos de 1,33 e 1,58 quilos, e grosores de 19,3 e 19,8 milÃmetros
respectivamente, aos que este ano únese un modelo bastante rechamante con
pantalla de 15,3 polgadas, 2,3 quilos de peso e 23,9 milÃmetros de grosor, o
que parece unha opción demasiado atrevida (xa que adopta un formato transportable cunhas dimensións e un
peso máis propio do escritorio).
Os HP Pavilion x360 véndense en carcasas de cor prata, ouro, azul, vermello e
violeta, as súas baterÃas poden chegar até as 9 horas e cuarto, os modelos de
13,3 e 15,6 polgadas teñen opción de pantalla Full HD e de teclado
retroiluminado e poden configurarse con procesadores que van dende un básicos
Intel Celeron ou Intel Pentium até un Intel Core i7, con até 12 GB de RAM e
varias opcións de almacenamento (disco duro, SSD ou unidade hÃbrida).
Estes equipos chegan este mesmo mes ás tendas españolas nos seus modelos de
11,6 e 13,3 polgadas a prezos que parten dos 379 e 699 euros respectivamente,
mentres que polo modelo de 15,6 polgadas haberá que agardar a xuño, cando sairá
á venda por 799 euros.
HP Pavilion
Os HP Pavilion, pola súa banda, optan por pantallas de 14 e 15,6 polgadas, con
pesos de 1,49 e 1,93 quilos, e 19,5 e 22,5 milÃmetros de grosor en modelos
básicos, sendo posible optar por versións de maior potencia con pantallas de
15,6 e 17,3 polgadas con pesos de 2,09 e 2,84 quilos e un grosor de 24,5 e 29,9
milÃmetros.
As cores destes portátiles serán prata, ouro, branco, negro, vermello, azul e
violeta, cun deseño de tramas no teclado e nos altofalantes que dan un toque de
distinción a estes equipos que poden equiparse até con procesadores Intel Core
i7 e gráficas nVIDIA GeForce 940MX/GTX 950M/GTX 960M (ou opción de AMD), até 16
GB de RAM, até 512 GB de SSD ou até 2 TB de disco duro (con opción dual de até
2 TB de disco duro e 128 GB de SSD).
Algún modelo tamén ofrece opción de disco
óptico, e nalgún dos equipos tamén é posible optar pro pantalla IPS Full HD sen marco.
Os HP Pavilion básicos de 14 e 15,6 polgadas chegarán a España en xuño a un
prezo que parte dos 499 euros, mentres que os HP Paviliion con gráfica nVIDIA
GTX e pantalla de 15,6 polgadas chega este mesmo mes a un prezo que parte dos
799 euros, mentres que o modelo de 17,3 polgadas chegará en xuño a un prezo que
parte dos 899 euros.
- Os HP Pavilion contarán incluso con modelo de grande potencia con pantalla de 17,3 polgadas