Honor presenta un móbil bolso
venres, 1 de setembro do 2023
Honor acudiu á feira
IFA de BerlÃn e, pese a ser un fabricante que está a
fracasar rotundamente en vendas no noso territorio, conseguiu chamar a
atención do mundo ao presentar unha proposta de redeseño para os seus móbiles
encartables, incorporándolles unha correa para convertelos nunha especie de
bolso, e que deron en chamar Honor V Purse.
Estamos ante un xeito orixinal de reciclar o concepto de móbil con pantalla
encartable exterior, que non estaba a ser moi ben recibido (polas dúbidas sobre
a súa fraxilidade), e que nesta ocasión aprovéitase para que a tecnoloxÃa Always-On-Display
permita engadir elementos de deseño que faciliten a personalización do móbil ao
estilo de cada dÃa, podendo elixirse entre distintos deseños de bolso
para a pantalla exterior, asà como tamén pode amosar deseños artÃsticos moi
orixinais e cativadores.
Este novo móbil parece inspirado no Huawei
Mate Xs 2, que actualmente ten un prezo de
1.199,90 euros, polo que o Honor V Purse non estarÃa deseñado para ser un
smartphone ao alcance de calquera, aÃnda que polo momento non deixa de ser máis
que un concepto, xa que o fabricante non confirmou que fose lanzalo
comercialmente, aÃnda que a atención que captou poderÃa facelo realidade.
VÃdeo promocional do Honor V Purse