Investigan a Shein polo seu deseño adictivo e por vender produtos ilegais
martes, 17 de febreiro do 2026

- Henna Virkkunen asegura que «Na UE, os produtos ilegais están prohibidos, tanto se se atopan nun andel dunha tenda como nun mercado en liña. Avaliaremos se Shein está a respectar estas normas e a súa responsabilidade».
A Comisión Europea abriu un procedemento formal contra a plataforma de comercio electrónico Shein ao abeiro da Lei de Servizos Dixitais (DSA), nunha decisión que pon o foco no seu deseño potencialmente adictivo, na falta de transparencia dos seus sistemas de recomendación e na posible comercialización de produtos ilegais dentro da Unión Europea.
Segundo informou o Executivo comunitario, a investigación centrarase en varios ámbitos prioritarios. En primeiro lugar, analizaranse os mecanismos implantados por Shein para limitar a venda de produtos ilÃcitos no mercado europeo, incluÃdos contidos que poderÃan constituÃr material de abuso sexual infantil, como bonecas con aparencia de menores destinadas a fins sexuais.
A Comisión tamén examinará os riscos asociados ao deseño da plataforma, especialmente aqueles elementos que poderÃan fomentar comportamentos adictivos. Entre eles figuran os sistemas de puntos ou recompensas por interacción, que poderÃan ter un impacto negativo no benestar dos usuarios e na protección dos consumidores no contorno dixital. A DSA obriga as grandes plataformas a avaliar e mitigar este tipo de riscos sistémicos.
Outro dos eixos da investigación é a transparencia dos sistemas de recomendación empregados por Shein para propoñer contidos e produtos. A normativa europea esixe que as plataformas revelen os principais parámetros que determinan estas recomendacións e que ofrezan, para cada sistema, polo menos unha opción facilmente accesible que non estea baseada na elaboración de perfÃs dos usuarios.
A investigación será desenvolvida con carácter prioritario e en profundidade. A apertura do procedemento non prexulga o seu resultado final. A Comisión poderá solicitar información adicional á compañÃa ou a terceiros, realizar accións de supervisión e entrevistas, asà como adoptar medidas cautelares ou decisións de incumprimento no caso de detectar infraccións. Tamén poderá aceptar compromisos por parte da empresa para corrixir as deficiencias identificadas.
O procedemento contará coa participación de Coimisiún na Meán, ente coordinador irlandés de servizos dixitais, dado que Irlanda é o paÃs de establecemento de Shein na UE.
A DSA non fixa un prazo legal para concluÃr este tipo de expedientes. A súa duración dependerá da complexidade do caso, do grao de colaboración da empresa investigada e do exercicio dos seus dereitos de defensa. Ademais, esta actuación é independente e complementaria doutras iniciativas en curso.
En paralelo, a rede de autoridades nacionais de protección dos consumidores (CPC) mantén unha acción coordinada sobre o cumprimento de Shein da lexislación de consumo. Asà mesmo, as autoridades de vixilancia do mercado continúan aplicando o Regulamento Xeral de Seguridade dos Produtos (GPSR), incluÃndo o seguimento dunha primeira campaña de inspección realizada en 2025 sobre artigos de puericultura.
A decisión adoptada pola Comisión prodúcese tras a análise preliminar dos informes de avaliación de riscos remitidos por Shein, das respostas ás solicitudes formais de información enviadas o 28 de xuño de 2024, o 6 de febreiro de 2025 e o 26 de novembro de 2025, asà como da información facilitada por terceiros. O caso sitúa novamente ás grandes plataformas dixitais baixo o escrutinio das institucións europeas no marco do reforzo regulador impulsado nos últimos anos para garantir unha contorna en liña máis segura e transparente.
