Microsoft presenta novos produtos da familia Surface
mércores, 22 de setembro do 2021
- O Surface Go 3 é un equipo compacto e lixeiro que aposta pola portabilidade
De cara ao lanzamento de Windows 11 Microsoft decidiu presentar novos equipos da familia Surface (caracterizada pola súa versatilidade, deseño e calidade de materiais) que irán chegando ao mercado entre o mes que vén e primeiros de 2022.
O Surface
Go 3 é un dos equipos máis salientables dos presentados, por ser un 2 en 1
con pantalla táctil de 10,5 polgadas que supón unha grande mellora en
velocidade (até un 60%) , e que pode configurarse cun procesador Intel Core
i3-10100Y ou un Pentium Gold 6500Y e até 8 GB de RAM, podendo achegar a súa
baterÃa até 11 horas de autonomÃa, de aà que se entenda o Go do seu nome
como unha aposta pola mobilidade, o que resulta evidente polos seus só 544
gramos de peso e a conectividade LTE opcional.
Amais, este equipo tamén conta cun par de cámaras Full HD e micrófonos de longo
alcance, polo que serÃa un ordenador apto para o contexto actual no que as
videoconferencias son un elemento cada vez máis cotián.
O Surface Go 3 chegará ao mercado o 5 de outubro a un prezo que parte de 439
euros (para o modelo con procesador Intel Pentium 6500Y, 4 GB de RAM e 64 GB de
SSD), mentres que o modelo máis completo custarÃa 679 euros (cun procesador
Intel Core i5, 8 GB de RAM e 128 GB de SSD).
VÃdeo promocional do Surface Go 3
Un smartphone con dúas pantallas
Outro dispositivo interesante serÃa o smartphone Surface Duo 2, a curiosa
aposta de Microsoft por un teléfono móbil con dobre pantalla, que permite
innovacións a nivel de interface de uso sen ter que empregar pantallas flexibles.
AÃnda que esta solución de Microsoft sexa máis modesta que os móbiles
encartables de Samsung, en prezo aÃnda é moi semellante, xa que venderase a
partir do 15 de novembro a 1.649 euros, aÃnda que cómpre salientar que estamos
ante un produto dirixidos ao mercado profesional. Este dispositivo chegará cun
procesador Qualcomm Snapdragon 888 5G, cámara tripla, son estéreo e NFC, e
grazas ao software de Microsoft permitirá numerosas posibilidades pese a que
esteamos ante un dispositivo con Android en vez de Windows (o que resulta
bastante curioso por ser un produto da compañÃa de Redmond).
VÃdeo promocional do Surface Duo 2
Revolucionando o deseño para unha maior flexibilidade
Como exemplo de innovación tamén temos o novo Surface
Laptop Studio, a evolución do portátil Surface Book, que sorprende cun
deseño no que a pantalla táctil de 14,4 polgadas pode comportarse como a dun
portátil ordinario, pero tamén pode abaterse sobre o teclado, achegándose ao
usuario e facilitando o seu uso con teclado externo asà como o seu uso con
lapis dixitalizador (o Surface Slim Pen 2). Este equipo non verá a luz até
primeiros de 202.
VÃdeo promocional do Surface Laptop Studio
Renovación do catálogo xeral
- O Surface Pro X contará con versión Wi-Fi
Outros equipos que se renovan serÃan o Surface Pro 8 (que incrementa a súa pantalla até as 13 polgadas e sairá a primeiros do ano que vén), o Surface Pro 7+ (que chegará a usuarios domésticos) e o Surface Pro X (que contará tamén cun modelo só Wi-Fi); á vez que tamén se renova o lapis dixitalizador (Surface Slim Pen 2), achegando unha maior precisión e unha experiencia de uso máis próxima á de utilizar un bolÃgrafo sobre papel.
- O Surface Slim Pen 2 é un lapis dixitalizador de grande precisión que persegue dar a impresión de que estamos a utilizar un bolÃgrafo sobre papel