Microsoft renova a familia Surface
mércores, 6 de maio do 2020
A
familia de produtos Surface de Microsoft anunciou novos integrantes, que
chegarán ao mercado nas vindeiras semanas, e que serán equipos Surface Go 2 e
Surface Book 3, asà como accesorios como os Surface Headphones 2, os Surface
Earbuds, o Surface Dock 2 e incluso un concentrador USB-C de viaxe.
Surface Go 2
O Surface Go 2,
a tableta lixeira e económica de Microsoft, renóvase tras un par de anos,
incrementando lixeiramente a súa pantalla PixelSense até as 10,5 polgadas,
mellora a súa autonomÃa e ofrece configuracións que chegan a ter un rendemento até
un 64% superior. Tamén integra un sistema de micrófono dual para aumentar a claridade
de voz e a redución do ruÃdo de fondo para xuntanzas e videochamadas, para o
que tamén conta cunha cámara frontal de 5 MpÃxeles capaz de conseguir unha
imaxe nÃtida en condicións de pouca luz. De cara á dixitalización de documentos
a tableta tamén incorpora cámara traseira.
Está previsto que este equipo chegue a España o 12 de maio a un prezo de saÃda
de 459 euros.
Surface Book 3
Para usuarios esixentes resulta moito máis interesante o Surface
Book 3, que en vez de ser unha tableta que pode empregarse como un
ordenador portátil busca a experiencia inversa (é un portátil que pode
transformarse en tableta). Este novo equipo mellora un 50% o seu rendemento
fronte á anterior xeración (podendo equiparse con procesadores Intel Core de 10ª
xeración e con gráficas dedicada de nVIDIA) e conseguindo tamén autonomÃas de
até 17,5 horas. Tamén pode configurarse con até 32 GB de RAM e con unidades SSD
de alta velocidade. Ofrécese en dous tamaños de pantalla (13 ou 15 polgadas) e,
aÃnda que a súa configuración cunha gráfica nVIDIA GeForce pareza bastante
potente, incluso para xogar a tÃtulos esixentes, de cara ao mercado profesional
tamén contará coa opción de contar cunha gráfica nVIDIA Quadro RTX 3000.
Chegará ás tendas españolas o 5 de xuño a un prezo que parte dos 1.799 euros.
Novos auriculares
Sobre os auriculares de Microsoft resultou un tanto
sorprendente que decidisen renovar os seus auriculares de diadema, de xeito que
a partir do 5 de xuño poderemos mercar os Surface
Headphones 2 por 279,99 euros. Estes auriculares prometen unha calidade
sonora espectacular, 13 niveis de cancelación de ruÃdo ambiental, mellor autonomÃa
(até 20 horas) e un deseño da diadema que permite que as almofadas xiren 180
graos para unha maior comodidade cando se colocan ao redor do pescozo.
Dos curiosos Surface
Earbuds temos por fin data de lanzamento. Estes auriculares sen fÃos de Microsoft
sairán á venda o 12 de maio a un prezo de 219,99 euros, presentando un deseño
moi rechamante por optar por un tamaño exterior moi grande para albergar unha
ampla superficie de control táctil, para poder manexar a reprodución multimedia
con xestos intuitivos e incluso poder aproveitar este accesorio para labores
ofimáticas, como avanzar diapositivas de PowerPoint, facer ditado de voz nas
aplicacións de Office ou incluso gozar da tradución en pantalla. Estes
auriculares teñen unha autonomÃa de 8 horas que poden ampliarse até 24 co seu
estoxo de carga e contan con tecnoloxÃa de emparellamento rápido.
Surface Dock 2
Pensando na optimización dos espazos de traballo
teremos o Surface Dock 2, base que pode conectarse aos equipos Surface comodamente
mediante o seu conector magnético, que ofrecen carga máis rápida e maiores taxas
de transferencia de datos, e que serven principalmente para facer doada a
conexión de monitores, accesorios e almacenamento adicional aos nosos equipos
portátiles cando se empreguen no escritorio. O 26 de maio chegará o Surface
Dock 2 a un prezo de 299,99 euros, estando tamén dispoñible unha versión de viaxe
máis básica por 109,99 euros.