O Samsung GALAXY S4 supera os 10 millóns de unidades vendidas en menos dun mes
xoves, 23 de maio do 2013
Finalmente
as previsións de Samsung cumprÃronse e hoxe anuncian que o seu GALAXY S4 conseguiu
superar os 10 millóns de unidades vendidas a menos dun mes do seu lanzamento
comercial, estimando o fabricante que o seu novo móbil estrela está a
vender a razón de 4 unidades por segundo. Deste xeito o GALAXY S4 converterÃase
no smartphone que máis rápido vendeu na historia da compañÃa surcoreana,
superando amplamente os 50 dÃas que tardou en chegar aos 10 millóns o GALAXY S
III, os 5 meses que tardou o GALAXY S II e os 7 meses do GALAXY S, dando a
impresión de que será moi difÃcil poder manter ese pulo en futuros móbiles ante
as dificultades de fabricar e distribuÃr tal volume de dispositivos en tan
pouco tempo.
Actualmente o Samsung GALAXY S4 está dispoñible en máis de 110 paÃses,
agardando chegar paulatinamente a un total de 155 paÃses a través de 327 partners. A compañÃa surcoreana tamén
anunciou que aparte das dúas cores (branco e negro) nas que está dispoñible
actualmente o GALAXY S4, para o verán preparan modelos en azul e vermello,
mentres que para o outono terÃan tamén versións en púrpura e marrón.
O HTC One tamén trunfa
Pero Samsung non é o único fabricante que está a ter éxito co seu móbil
estrela, senón que HTC tamén conseguirÃa uns resultados magnÃficos co seu HTC
One, que conseguiu
vender 5 millóns de unidades, cantidade que non está a ser maior porque a
compañÃa taiwanesa non está a ser quen de atender a alta demanda deste móbil
que destaca polo seu deseño coidado e bo acabado, estando considerado como un
dos terminais con Android máis atractivos do mercado.