Oppo quere facerse un oco entre os smartphones de gama alta
venres, 6 de marzo do 2020
Os fabricantes chineses de smartphones apostan cada dÃa máis
pola excelencia, de xeito que xa non se recorre ás súas marcas só por cuestión
de prezo, e como exemplo diso temos os novos terminais de Oppo, o Oppo Find X2
e Oppo Find X2 Pro, que sitúanse sen temor na gama alta, con prezos altos e
unhas especificacións de impresión, que incluso conseguen que a cámara traseira
do Oppo Find X2 Pro estea actualmente en
cabeza en DxOMark con 124 puntos, igualando o resultado conseguido polo
Xiaomi Mi 10 Pro.
O Oppo Find X2 é un smartphone
cun procesador Qualcomm Snapdragon 865 e conectividade 5G, que loce unha
impresionante pantalla OLED de 6,7 polgadas con resolución QuadHD+ unha taxa de
refresco de 120 Hz, velocidade táctil de até 240 Hz, unha perforación na
pantalla para a súa cámara frontal de 32 MpÃxeles e lector de pegadas integrado.
Vén configurado con 12 GB de RAM LPDDR5 e 256 GB de almacenamento interno UFS
3.0 e unha baterÃa de 4.200 mAh con carga rápida de até 65 watts, contando
tamén con Wi-Fi 6, Bluetooth 5.1 e NFC.
Pero a cámara traseira tripla do Find X2 é un dos puntos fortes deste
dispositivo, cun sensor principal de 48 MpÃxeles con apertura f/1.7, ultra
grande angular de 12 MpÃxeles e teleobxectivo de 13 MpÃxeles (con zoom hÃbrido
de 5x); contan con modo ultra nocturno 3.0, modo marco capaz de disparar
fotografÃas a 3 centÃmetros de distancia, modo retrato con 5 estilos
diferentes, modo de selfies nocturnos HD de 32 MpÃxeles, ultra
estabilizador de vÃdeo e incluso gravación con 3 micrófonos (o que facilita a
redución do ruÃdo do vento e a amplificación do son cando a cámara fai zoom).
Este completo smarthone vai chegar ao mercado a primeiros de maio a un prezo de
999 euros, aÃnda que o seu irmán maior, o Oppo Find X2 Pro ousa ser máis
ambicioso, e venderase a 1.199 euros, o que indica unha grande confianza do
fabricante no seu produto.
O Oppo Find X2 Pro
diferénciase da versión básica na súa capacidade de almacenamento (que pasa a
ser de 512 GB UFS 3.0), na súa baterÃa (que medra até os 4.260 mAh) e moi
especialmente na súa cámara traseira, que conta cun sistema de cámara Ultra
Vision con sensores de 48 MpÃxeles tanto no obxectivo principal como no ultra
grande angular, e con 13 MpÃxeles no seu teleobxectivo (que consegue un zoom
hÃbrido de 10x). Outro detalle a salientar é que o modelo Pro tamén conta con
versións con acabado en coiro vegano, asà como unha maior resistencia ao po e á
auga.
VÃdeo coa presentación dos novos smartphones de Oppo
Oppo Watch
Pero Oppo non se limitou a presentar estes
smartphones, senón que tamén os acompañou cun produto que non sabemos cando chegará
ao noso mercado, pero que pode resultar intersante: o Oppo Watch. Un smartwatch
claramente inspirado no Apple Watch, tanto a nivel de deseño fÃsico como no seu
software, que presenta unha pantalla OLED de 1,91 polgadas cunha resolución de
402 x 473 pÃxeles, caixa de aluminio, monitorización cardÃaca, sensores de
actividade, reprodución musical, resistencia á auga (até 50 metros) e incluso
conectividade móbil mediante eSIM. Promete unha autonomÃa de 40 horas para un
uso normal (ou de 21 dÃas nun modo de aforro de enerxÃa con notificacións activadas)
e pode cargarse até o 46% en 15 minutos ou conseguir unha carga completa en 75
minutos. Porase á venda na China o 24 de marzo a 1.499 iuans (192 euros) na súa
versión de 41 milÃmetros, mentres que o modelo de 46 milÃmetros custará 1.999
iuans (256 euros).