Os novos móbiles económicos de Xiaomi incorporan cámara dual
martes, 12 de xuño do 2018
O
fabricante chinés Xiaomi non deixa de alimentar o seu catálogo de smartphones,
e tras enriquecer a súa gama alta, tócalle agora a quenda á gama baixa, que
experimenta importantes cambios como serÃa a adopción de cámara traseira dual e
un procesador de MediaTek, de xeito que os usuarios de teléfonos de entrada xa non só poden gozar de
pantallas cunha relación 18:9, senón tamén de fotografÃas en modo retrato, que
tanta popularidade conseguiron no último ano.
Redmi 6
O Redmi 6 ten unha pantalla de 5,45
polgadas cunha resolución de 1.440 x 720 pÃxeles, procesador Helio P22, 3/4 GB
de RAM, 32/64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria
de até 256 GB), cámara traseira dual de 12 e 5 MpÃxeles, cámara frontal de 5
MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, lector traseiro de pegadas dixitais, baterÃa
de 3.000 mAh, un grosor de 8,3 milÃmetros e un peso de 146 gramos, que sae á
venda a un prezo moi axustado, que parte do 799 iuans (106 euros).
Redmi 6A
Pero Xiaomi non o deixa asÃ, e tamén presenta o Redmi 6A, versión aÃnda máis económica, que sitúa o seu prezo nos 599 iuans (79 euros), o que fai que limite o seu procesador a un Helio A22, a súa RAM a 2 GB e o seu almacenamento interno a 16 GB, e prescinda do seu lector de pegadas traseiro, pero conservando a súa cámara traseira dual, polo que ten moitas bazas para converterse en todo un supervendas.
- O cambio máis perceptible entre o Redmi 6 e o Redmi 6A é que o modelo máis económico prescinde do lector de pegadas traseiro