Panasonic presenta unha cámara micro catro terzos con visor abatible
xoves, 1 de agosto do 2013
Panasonic anuncia hoxe a súa nova LUMIX GX7,
unha cámara sen espello cun deseño moi elegante e a calidade da familia LUMIX
G. Esta cámara micro catro terzos está encerrada nun sólido corpo de aliaxe de
magnesio, resultando ideal para os afeccionados á fotografÃa que gusten da versatilidade
que achega o seu revolucionario visor integrado abatible ata 90 graos (sendo a
primeira cámara deste tipo en integrar tal funcionalidade).
A LUMIX GX7 recolle imaxes de grande calidade a través do seu sensor Live MOS
de 16 MpÃxeles e o seu procesador Venus Engine, conseguindo unha sensibilidade
de ata 25.600 ISO, de xeito que podemos disparar instantáneas en situacións
pouco iluminadas.
AÃnda que o visor da nova LUMIX sexa un dos seus detalles máis rechamantes, a
cámara tamén conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas igualmente abatible
(cara arriba e cara abaixo, facilitando tomar fotografÃas en moitas posturas).
No que a vÃdeo se refire, a LUMIX GX7 pode gravar a 50 imaxes por segundo en
Full HD en AVCHD progresivo ou MP4 con son estéreo, coa posibilidade de activar
o enfoque automático durante a gravación de vÃdeo. Tamén ofrece a posibilidade
de gravar a 24p para dar aos vÃdeos unha aparencia cinematográfica.
Outros detalles destacables da nova cámara de Panasonic é que conta con función
de fotografÃas panorámicas creativas, disparos en time lapse, animación stop
motion, retoque selectivo, máis de 22 filtros creativos, conectividade
Wi-Fi e NFC (tecnoloxÃas que facilitan a
sincronización con tablets e smartphones para aproveitalos como disparadores
remotos ou para transferir as imaxes aos dispositivos móbiles, asà como para
copiar as fotografÃas e vÃdeos ao noso ordenador de xeito automático cando
esteamos dentro do rango de cobertura do noso router Wi-Fi doméstico). Este
produto estará dispoñible a partir do mes de setembro.
VÃdeo promocional da cámara Panasonic LUMIX GX7