Pequeno ordenador para a reprodución multimedia de Xtreamer
luns, 21 de febreiro do 2011
Os ordenadores de
pequeno tamaño orientados á reprodución multimedia están a gozar de certa
popularidade grazas a que a tecnoloxÃa que alimenta os ordenadores
ultraportátiles e tablets pode aplicarse agora a estes trebellos para que
ocupen pouco espazo no salón doméstico á vez que teñen dunha versatilidade
maior que simples reprodutores multimedia dedicados. Dentro desta liña de
produtos desta o Xtreamer Ultra,
un ordenadro que funciona cun procesador Intel Atom D525 de dobre núcleo a 1,83
MHz, con tecnoloxÃa nVIDIA ION 2 (que permÃtelle reproducir vÃdeo a 1.080p),
conectividade eSATA, 6 portos USB 2.0, Wi-Fi N (opcional), Gigabit Ethernet,
ata 4 Gb de RAM, refrixeración hÃbrida pasiva-activa cun silencioso ventilador
e cun sistema operativo baseado en código aberto preparado para arrincar por
USB coas funcións propias dun equipo HTPC. Pero o rechamante non son que todas
estas prestacións poidan xuntarse nun equipo de 21,3 x 14,2 x 5,35 centÃmetros,
senón polo feito de que algúns afortunados
poderán optar por adquirilo a metade de prezo, ou sexa, a só 100 dólares, o
que é todo unha ganga para un equipo tan versátil.