Qualcomm prepara unhas lentes de realidade mixta con Google e Samsung
venres, 6 de setembro do 2024
O director xeral de Qualcomm, Cristiano Amon, explicou nunha entrevista para a CNBC que a súa compañÃa está a colaborar con Samsung e Google para crear unhas lentes de realidade mixta que estarÃan ligadas ao smartphone, o que serÃa un enfoque moi diferente ao de Apple coas súas Vision Pro.
Amon asegura que «será un novo produto, achegará novas experiencias» e confÃa en que a proposta de que as lentes dependan dun smartphone poida resultar atractiva.
Haberá que ver en que se diferenciará o produto doutras solucións que hai no mercado, pois non podemos esquecer que as célebres lentes de Meta lanzadas en colaboración con Ray-Ban funcionan cun procesador de Qualcomm, polo que o novo produto terÃa que contar con elementos diferenciais que animasen aos consumidores a adquirir un produto dunha categorÃa nova da que aÃnda non perciben a súa necesidade.