Samsung anuncia o primeiro reprodutor de Blu-ray UHD do mercado
xoves, 3 de setembro do 2015
A presentación de Samsung desta mañá tivo certo impacto no
audiovisual doméstico a través de televisores que achegarán ao fogar emisións
en ultra alta definición con tecnoloxÃa HDR (chamada a ser a nova moda que
collerá o relevo do 3D e a alta definición tanto no fogar como en salas
cinematográficas), pero o produto que anunciaron que si é totalmente novo no
mercado é o
seu reprodutor de Blu-ray Ultra HD, pois serÃa o primeiro dispositivo do
mercado en facilitar a reprodución que discos Blu-ray que inclúan contidos en
ultra alta definición (estándar que está a completarse este ano) de xeito que
permitirá tanto gozar de contidos cunha resolución equivalente a catro
pantallas Full HD á vez que adaptará os contidos en alta definición para que
poidan verse o mellor posible en televisores de ultra alta definición. O
reprodutor de Blu-ray serÃa un dispositivo conectado que tamén facilitarÃa o
acceso a contidos Ultra HD en liña cando estean dispoñibles (o que están a
procurar varias plataformas de vÃdeo en liña ante o retraso da chegada do UHD a
soportes fÃsicos).
- O novo reprodutor de Samsung funcionará cos discos Blu-ray actuais e aceptará tamén os futuros que inclúan contidos en ultra alta definición