Sonic Frontiers destaca nos xogos de PlayStation Plus de decembro

mércores, 11 de decembro do 2024 Marcus Fernández

O mes de decembro será bastante completo para os subscritores de PlayStation Plus, xa que a partir do 17 de decembro recibirán títulos moi atractivos como o xogo de plataformas Sonic Frontiers (para PS4 e PS5), o impresionante Forspoken (para PS5), o caótico Rabbids: Party of Legends (para PS4) e o simulador de rally WRC Generations (para PS4 e PS5) xunto con algúns outros, mentres que para os subscritores Premium chega o xogo de PS VR2 de Star Wars: Tales from the Galaxy’s Edge, o que xunto a chegada onte mesmo de Sly 2: Ladrones de Guante Blanco, Sly 3: Honor entre ladrones e Jak & Daxter: The Precursos Legacy suma un catálogo de novidades moi interesante.
Outra grande novidade destas últimas semanas é a posibilidade de gozar dos xogos de PlayStation Plus Premium en streaming directamente dende a PlayStation Portal, ou sexa, sen ter que instalar os xogos na PS5 nin ter que deixar a consola doméstica acendida, o que supón un importante avance na formulación das consolas na nube.