Sony presenta o primeiro smartphone en incorporar unha pantalla 4K
mércores, 2 de setembro do 2015
Aproveitando
a celebración da feira IFA de BerlÃn Sony
deu a coñecer a súa nova liña de smartphones de alta gama, ao redor da marca
Xperia Z5, en tres variantes, e cunha prestación estelar: unha cámara de 23
MpÃxeles que emprega o novo sensor de Sony ½.3 Exmor RS e unha lente G F2.0 que
aseguran que dá lugar á primeira cámara de smartphone totalmente reinventada dende
o Xperia Z1, aproveitando tecnoloxÃa deseñada para as cámaras dixitais da serie
α. Aparte dunha impresionante resolución, a nova cámara de Sony incorpora o enfoque
automático máis rápido dun smartphone (enfoca en só 0,03 segundos) e contarÃa
cun zoom de 5 aumentos que aseguran que non perderÃa calidade. Tamén incorpora
unha nova versión da aplicación SteadyShot con grandes melloras para facilitar
a creación de contido para redes sociais e incorpora tamén un Modo Intelligent
Active para vÃdeo (que permite capturar escenas de acción sen tremores nin
sacudidas, á vez que tamén reduce o desenfoque en condicións de baixa
luminosidade).
Boa cámara e resistencia á auga
Sony continúa a incorporar nos seus Xperia Z5 a súa popular resistencia á auga,
que é unha das caracterÃsticas máis apreciadas por certos usuarios, que
inicialmente atoparán un par de dispositivos moi semellantes, o Z5 e o Z5
Compact, que como grande diferencia teñen que as súas pantallas son de 5,2
polgadas (Full HD) e 4,6 polgadas (HD), e que en ambos casos contan con
procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 8 núcleos, 64 bits, 4G, lector de pegadas
dixitais como botón de acendido e baterÃa con tecnoloxÃa Qualcomm Quick Charge
2.0 (que cunha carga de media hora poderÃa conseguir un dÃa enteiro de
autonomÃa).
Con pantalla de ultra alta resolución
Pero o terminal que está a resultar máis rechamante é o Xperia
Z5 Premium, por ser o primeiro smartphone do mundo en incorporar unha
pantalla IPS de 5,5 polgadas e resolución 4K, o que a moitos pode parecerlle un
exceso, pero ten certo sentido se temos en conta que os últimos smartphones son
capaces de gravar vÃdeo en ultra alta definición e tamén poden empregarse para
solucións de realidade virtual (onde a resolución de pantalla resulta crucial
para unha boa experiencia). Amais, este smartphone poderá empregar tarxetas de
memoria da cámara 4K profesional Action Cam FDR-X100V, para asà gozar dos
vÃdeos de ultra alta definición en móbilidade, ou conectándoo a un televisor 4K
mediante un cable MHL 3.0 ou con tecnoloxÃas sen fÃos vÃa DLNA.
O Xperia Z5 Premium funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 810, 3 GB de
RAM, 32 GB de almacenamento interno ampliable até 200 GB mediante tarxetas de
memoria microSD e chegará ao mercado en cor cromo, negro ou ouro a un prezo de
799 euros; mentres que o Xperia Z5 estará dispoñible en negro grafito, branco
ou verde por 699 euros; e o Xperia Z5 compact venderase en negro grafito, branco,
amarelo e coral por 599 euros.
VÃdeo promocional dos novos smartphones de alta gama de Sony