Un tablet chinés con Android transfórmase nunha consola de videoxogos moi versátil
martes, 29 de xaneiro do 2013
Android está a coller cada vez máis forza como plataforma
para xogar, e iso sábeno moi ben dende os mercados asiáticos, onde está a
comercializar unha nova consola portátil moi atractiva, a JXD S7300,
que pode
adquirirse por pouco máis de 130 euros, e ofrece un dispositivo que
funciona con Android 4.1.1 que, cunha pantalla capacitiva de 7 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles convértese nun dispositivo de xogo ideal
grazas a 2 mandos analóxicos, unha cruceta e 4 botóns de disparo (que poden
mapearse para xogos deseñados inicialmente para unha interface táctil).
A JXD S7300 tampouco queda curta en potencia, pois funciona cun procesador ARM Cortex
A9 de dobre núcleo a 1,5 GHz, ten 1 Gb de RAM e unha gráfica Mali-400 de dobre
núcleo, sendo capaz de correr tanto xogos como pelÃculas en alta definición.
Para redondear o produto, esta curiosa consola que pode lembrar á PS Vita
(aÃnda que cun formato máis grande) inclúe 9 emuladores precargados que
facilitan xogar a tÃtulos para a primeira PlayStation, para máquinas
recreativas de Capcom e Neo-Geo e para consolas clásicas como a Nintendo 64,
Game Boy Advance, Super Nintendo, NES e Megadrive, polo que non limitará o seu
uso a xogos para Android.
Esta consola conta cun almacenamento interno de 8 Gb ampliable mediante
tarxetas SD, Wi-Fi N, Ethernet, 3G (caracterÃstica que non detalla debidamente
o seu fabricante), cámara de 0,3 MpÃxeles, altofalantes estéreo, USB 2.0, toma
para auriculares estándar, baterÃa recargable e saÃda HDMI de ata 1.080p. Un bo
dispositivo para quen queira gozar de xogos en mobilidade, podendo tamén a
gozar dun dispositivo con Android (p. ex., para consultar a web) sen ter que
realizar un investimento tan elevado como o dunha consola portátil actual, á
vez que se abre a porta ao xogo retro.
- A JXD S7300 funciona con Android 4.1.1