atlanTTic presenta un proxecto para a atención á lonxevidade con usuarios de AFAGA Alzhéimer
venres, 27 de setembro do 2024
As solucións e innovacións dixitais de cara á prevención e atención á lonxevidade foron os temas sobre os que tratou a xornada informativa que se levou a cabo esta semana por parte da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA).
AsÃ, durante o acto, presentáronse os resultados do proxecto SAPIENS (Services & Applications for Healthy Ageing), desenvolto polo Centro de Investigación en TecnoloxÃas de Telecomunicación da Universidade de Vigo atlanTTic, entre os participantes achegados por AFAGA Alzhéimer e incluÃdos nunha mostra total de 73 persoas maiores de 50 anos.
Indo ao proxecto, dicir que parte da adaptación dixital dos test tradicionais T-MOCA e GDS-15 de detección da deterioración cognitiva e depresión, respectivamente, para o seu uso en altofalantes intelixentes ou asistentes conversacionais tipo Alexa, adestrados con Intelixencia Artificial (IA) e técnicas de Machine Learning.
Segundo LuÃs Anido Rifón, responsábel do proxecto SAPIENS e os investigadores Noelia Prieto e Moisés Pacheco, de atlanTTic, foron os encargados de presentar as conclusións máis importantes dos estudos e cribados realizados con estas novas ferramentas tecnolóxicas. Entre elas, demostrouse que os resultados obtidos polos test tradicionais e os dixitais eran semellantes e que o uso da IA elimina erros no diagnóstico, ao achegar novas variábeis, como os tempos de resposta ou as repeticións, que non se teñen en conta nos test tradicionais. Os resultados tamén amosaron unha boa aceptación destas ferramentas tecnolóxicas, tanto en usuarios como en profesionais.
Engadir que SAPIENS contou co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación e, no caso do estudo con AFAGA, recibiu ademais o apoio da ConsellerÃa de PolÃtica Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Ao longo do encontro tamén se falou de Innov4life, un ecosistema transfronteirizo de innovación colaborativa en saúde dixital. A investigadora Alba Felpete (da USC) explicou que este ecosistema, dotado cun fondo europeo (Interreg) de 1,5 millóns de euros coordinado pola Universidade de Porto, xunto a AFAGA Alzhéimer, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), a entidade Santa Casa da Misericórdia de Riba de Ave (Portugal) e UPTEC Parque de Ciência e da Tecnologia da Universidade de Porto, ten como obxectivo validar solucións dixitais innovadoras centradas nas demencias e na deterioración cognitiva e crear dous Living Labs no norte de Portugal e no Hospital Cunqueiro de Vigo.
Para rematar, a investigadora Irene RodrÃguez, de Envita Stories, explicou o programa de intervención colaborativa, que desenvolve esta startup entre profesionais, persoas maiores e familias, a través da dixitalización da historia de vida das persoas maiores. Conta ademais coa ferramenta tecnolóxica Escala Me Ves, desenvolta pola Universidade Internacional de Valencia, que avalÃa o impacto desta metodoloxÃa de historias de vida e coidados narrativos.