A Mariña de Lugo abre a porta da transformación tecnolóxica para o sector turístico

xoves, 3 de decembro do 2020 Redacción

A Casa da Cultura de Foz acolleu este xoves a inauguración do Foro de Intelixencia Turística da Mariña Lucense, organizado pola Mancomunidade dos concellos do norte da provincia e que se centrou en mellorar a competitividade e promoción do xeodestino e adaptalo ao mundo dixital, un reto de transformación que se fai máis urxente coa crise sanitaria e cun fortalecemento dos hábitos en liña dos consumidores-viaxeiros. Na cita participou a deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro.
María Loureiro puxo en valor a necesidade de dirixir “a nosa oferta turística no mundo dixital para posicionarnos como destino competitivo, trazar unha estratexia común e camiñar xuntos para obter resultados certeiros para A Mariña. E nese camiño vai estar sempre a Deputación”.