GaliciaLe supera os 4.100 usuarios
luns, 12 de novembro do 2018
A plataforma
de préstamo de libros e revistas en formato electrónico GaliciaLe cumpre
catro anos facilitando o acceso de toda a cidadanÃa á cultura en calquera
momento e lugar a través de internet, ofrecendo un amplo catálogo de libros,
revistas e pelÃculas en formato electrónico. Trátase dun servizo consolidado
entre os usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, tanto polo número
de préstamos como polo número de persoas que fan uso do mesmo.
No que vai de ano xa se superou o número de
préstamos con respecto ao total do ano pasado, rexistrando un incremento de
preto do 50% e situándose esta cifra nas 24.356 publicacións prestadas. Cómpre
destacar que no 2015 (primeiro ano completo desde a posta en funcionamento do
servizo) o número de préstamos situábase nos 13.218, o que se traduce nun
incremento superior ao 84%.
Asà mesmo experimenta unha evolución positiva o número de lectores, pasando
dos 3.117 no ano 2015 aos 4.123 na actualidade, o que supón un incremento
do 27%.
A colección dispoñible está constituÃda por
2494 tÃtulos (o 91% son libros electrónicos) e con periodicidade incorpóranse
novos tÃtulos e formatos que comprenden tanto novidades editoriais como
clásicos da literatura, asà como obras en catalán, éuscaro ou portugués entre
outras linguas. GaliciaLe caracterÃzase pola súa diversidade, aglutinando
diversas temáticas como ciencia, literatura, tecnoloxÃa, historia ou filosofÃa
entre outras, cunha distribución de 1938 tÃtulos de ficción e 556 de non
ficción.
A heteroxeneidade do catálogo tamén se materializa na variedade do
público ao que se dirixe, de xeito que 2049 tÃtulos están destinados a persoas
adultas e os 445 restantes a público infantil e xuvenil.
As pelÃculas representan o 3% da colección e
neste 2018 incorporáronse 77 tÃtulos de produtoras galegas ou nas que
participan produtoras galegas.
Ao longo destes catro anos, a Xunta de Galicia
levou a cabo diversas accións para potenciar e promocionar GaliciaLe como a
campaña de difusión A biblioteca vai contigo e o incremento do orzamento destinado
á adquisición de tÃtulos e un maior número de licenzas, de xeito que máis
lectores poidan acceder a unha mesma obra simultaneamente.
