Novos auriculares pechados de Sennheiser
martes, 21 de abril do 2026
Sennheiser anunciou o lanzamento dos novos HD 480 PRO, uns auriculares profesionais de tipo pechado orientados a tarefas de gravación, monitorización e mestura tanto en estudio como en directo. Este modelo sitúase como alternativa aos HD 490 PRO de tipo aberto, de xeito que a escolla entre ambos auriculares dependerá dos escenarios de uso.
Un dos principais retos técnicos dos auriculares pechados é a resposta no rango grave, que adoita verse afectada por resonancias internas e unha menor naturalidade respecto dos modelos abertos. Os HD 480 PRO abordan esta limitación cunha reprodución do low-end máis axustada e precisa, mantendo unha resposta en frecuencia sen coloracións. Este comportamento resulta clave en contextos profesionais, onde a tradución do son a outros sistemas de reprodución (altofalantes domésticos, sistemas de automóbil ou equipos de PA) depende dunha monitorización fiable.
Desde o punto de vista acústico, os auriculares empregan un transdutor dinámico de 38 mm cunha resposta en frecuencia que abrangue de 3 a 28.700 Hz (a -10 dB), cun nivel de presión sonora máximo de 130 dB SPL e unha distorsión harmónica total inferior ao 0,5 % a 1 kHz e 100 dB SPL. A impedancia sitúase nos 130 ohms, un valor que os orienta a equipos profesionais ou interfaces de audio capaces de fornecer unha amplificación adecuada. As bobinas móbiles ultralixeiras contribúen a unha resposta dinámica máis rápida e a unha maior fidelidade na reprodución de transitorios.
Outro dos elementos técnicos destacados é o denominado sistema de atenuación de vibracións (Vibration Attenuation System), un conxunto de solucións de deseño destinadas a minimizar vibracións, reflexións internas e distorsións mecánicas que poidan degradar a claridade do sinal. A isto súmase un sistema de illamento pasivo en varias etapas, pensado para reducir a interferencia do ruÃdo externo sen recorrer a cancelación activa.
Os auriculares HD 480 PRO incorporan varias solucións patentadas para unha mellor ergonomÃa, como a chamada Special Axes Geometry, que permite manter unha presión de contacto uniforme independentemente da forma da cabeza do usuario, mentres que as almofadas inclúen zonas especÃficas para as patillas das lentes, garantindo o selado acústico sen comprometer o confort. O peso total é de 272 gramos sen cable, o que os sitúa nun rango relativamente lixeiro para uso prolongado.
Tamén se introducen melloras prácticas orientadas ao uso diario en estudio. O cable é desmontable e pode conectarse en calquera dos dous lados, facilitando a adaptación a diferentes configuracións de gravación. Ademais, inclúe un tramo en espiral preto do conector do auricular que actúa como desacoplador de ruÃdos transmitidos polo cable, como golpes ou vibracións sobre a mesa. Os cascos están marcados en braille para identificar esquerda e dereita, un detalle pouco habitual nesta categorÃa.
Os HD 480 PRO chegan ao mercado cun prezo recomendado de 399 euros, mentres que a versión HD 480 PRO Plus, que substitúe a bolsa de transporte por un estoxo rÃxido, ascende a 439 euros. Ambos modelos inclúen almofadas orientadas a gravación e un cable en espiral de tres metros, ademais de compatibilidade cun amplo catálogo de accesorios opcionais.
