Sony celebra os 10 anos dos seus auriculares 1000X cunha edición premium
mércores, 20 de maio do 2026
Sony anunciou os novos auriculares 1000X The Collexion, unha edición premium da súa coñecida familia 1000X coa que busca combinar o rendemento acústico caracterÃstico da marca cun enfoque máis refinado no deseño, os materiais e a comodidade de uso. O lanzamento coincide co décimo aniversario da serie, iniciada en 2016 cos MDR-1000X.
Os novos auriculares apostan por unha construción baseada en materiais de alta gama, cunha diadema metálica de acabado mate e detalles pulidos manualmente. A cobertura exterior emprega unha pel sintética desenvolvida durante dous anos e intégranse botóns metálicos e aberturas para os micrófonos nun corpo sen interrupcións visuais. ComercialÃzanse en cor negra e platino.
Sony quixo asociar o lanzamento a unha figura musical recoñecible, escollendo ao violinista Ara Malikian como embaixador do produto. A marca destaca a súa capacidade para transmitir emoción e matices sonoros como exemplo da filosofÃa detrás destes auriculares.
Os 1000X The Collexion incorporan unha nova unidade de diafragma cunha cúpula de alta rixidez fabricada en material composto de carbono unidireccional. Segundo Sony, esta configuración mellora a separación entre voces e instrumentos e amplÃa a riqueza do espazo sonoro.
Os auriculares convértense ademais nos primeiros da marca en integrar DSEE Ultimate, unha tecnoloxÃa baseada en Edge-AI que reconstrúe en tempo real detalles perdidos nos ficheiros de audio comprimidos.
A experiencia espacial tamén gaña protagonismo coa expansión da función 360 Reality Audio Upmix a tres modos diferenciados para música, cinema e videoxogos, accesibles mediante un botón especÃfico de Listening Mode.
En cancelación activa de ruÃdo, os 1000X The Collexion empregan a mesma plataforma técnica dos WH-1000XM6, incluÃndo 12 micrófonos e o sistema Adaptive NC Optimizer, aÃnda que as primeiras crÃticas aseguran que o modelo XM6 ten mellor cancelación de ruÃdo activa. A autonomÃa anunciada chega ata as 24 horas con Bluetooth e cancelación de ruÃdo activados.
Xunto ao novo modelo, Sony ampliou a gama WH-1000XM6 cunha nova cor area, un acabado cálido que se suma ás opcións xa existentes mantendo as mesmas prestacións técnicas.
Os auriculares 1000X The Collexion chegan ao mercado a un prezo recomendado de 629 euros, mentres que os WH-1000XM6 en cor area custan 399 euros actualmente (aÃnda que o seu prezo oficial sexa de 469 euros).
VÃdeo de presentación dos auriculares 1000X The Collexion
