Un encontro analizará o impacto dos cambios tecnolóxicos nos medios públicos
mércores, 20 de maio do 2026
A Universidade de Santiago de Compostela, a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) e a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) organizan o vindeiro 11 de xuño a xornada O profesional sénior nos medios públicos en 2035, un encontro centrado na transformación do oficio xornalÃstico ante os cambios tecnolóxicos e industriais que xa están a redefinir o sector audiovisual.
A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acollerá esta cita, á que xa é posible inscribirse de balde, e na que participarán responsables de innovación e transformación das doce canles integradas en FORTA, docentes universitarios, especialistas do ámbito da comunicación e profesionais júnior, incluÃdos estudantes en prácticas que representan a xeración chamada a ocupar os perfÃs sénior na próxima década.
O encontro busca analizar como evolucionará o papel dos profesionais con maior experiencia nos medios públicos nun escenario marcado pola automatización, a intelixencia artificial e a competencia crecente das plataformas globais. A organización destaca que estes factores están a obrigar os medios de proximidade a reinventaren os seus modelos sen renunciar á súa función de servizo público.
A xornada estruturarase arredor de catro paneis de debate que abordarán distintas dimensións desta transformación. O primeiro centrarase na definición do perfil do comunicador sénior en 2035, incluÃndo cuestións como a formación necesaria ou a progresiva hibridación entre competencias técnicas e xornalÃsticas. O segundo analizará que habilidades se reforzan coa automatización e cales poden quedar erosionadas, asà como os retos para transmitir o oficio nun sector que evoluciona máis rápido ca os propios plans de estudo.
A terceira mesa abrirá o debate arredor dos lÃmites da intelixencia artificial nos procesos editoriais e do espazo que continuará reservado ao criterio humano e á experiencia profesional. Finalmente, o cuarto bloque tratará a capacidade dos medios públicos para atraer e reter talento cualificado nun mercado cada vez máis competitivo.
A convocatoria coincide coa celebración en Santiago da reunión da Comisión de Transformación e Innovación de FORTA, coordinada durante o primeiro semestre de 2026 pola CSAG. A colaboración entre as tres institucións pretende consolidar unha liña de investigación permanente sobre o futuro do xornalismo público e dará lugar á elaboración dun estudo avalado pola USC e FORTA arredor do perfil profesional sénior nos medios públicos en 2035.
