Zara rende homenaxe á PSP
luns, 25 de maio do 2026
Durante os últimos anos Zara sorprendeu comercializando diferentes produtos ligados á marca PlayStation, como unhas zapatillas deportivas cun deseño bastante polarizante, unha faldriqueira, varias bandoleiras con forma de mando e incluso uns botÃns, pero nesta ocasión están a conseguir certa viralidade coa bandoleira PSP.
Falamos dun bolso tipo bandoleira, que polas súas caras simula as partes traseira e frontal da primeira consola portátil de Sony, e que na parte que corresponderÃa á pantalla da PSP ten unha pantalla de vinilo táctil. Péchase mediante cremalleira e conta cunha asa de ombro axustable que tamén presenta a simboloxÃa da marca PlayStation. O seu prezo de venda é de 19,95 euros e polo momento non parece que vaia ser un produto difÃcil de atopar en tendas.
A grande sorpresa deste produto é que non explote unicamente a marca PlayStation, senón que aposte por un produto retro, que incluso poderiamos considerar un fracaso, xa que a liña de consolas portátiles de Sony rematou pechando por quedar a PS Vita totalmente eclipsada polas consolas de Nintendo e os dispositivos móbiles.
